Atados á Terra
Por que caemos ó chan?: Polo mesmo que os planetas xiran ó redor do Sol.
Tódolos corpos exercen unha forza de atracción entre eles (gravidade), pero
esta en xeral é pequena. Só cando os corpos teñen moita masa (como os planetas,
as estrelas,…) esta forza é grande. De feito, o
combustible que leva un foguete gástase case na súa totalidade en vencer a gravidade terrestre para ir ó
espazo. Foi Issac Newton o primeiro en explicar como actúa esta forza. Por
certo, a gravidade non ten que ver coa atmosfera. Tódolos planetas teñen
gravidade, pero non todos teñen unha capa gasosa que os envolva (atmosfera).
Enorme
O Universo observable, que é o que podemos ver con telescopios, ten un radio
aproximado de 46000 millóns de anos-luz. Un ano-luz é a distancia que percorre
a luz (cuxa velocidade é de 300000 km/s ) nun ano, que vén ser duns 9,5 billóns
de km (isto escríbese 9,5·1012 km). Polo tanto, os obxectos máis
lonxanos que poderíamos ver están a uns 4,4·1023 km (ou o que é o mesmo, a 440000 trillóns de km). Isto non
depende de que a tecnoloxía dos nosos telescopios sexa mellor ou peor;
simplemente, a luz do que hai máis aló aínda non tivo tempo de chegar a nós
desde o inicio do Universo.
Minúsculos
Minúsculos
Os átomos, que forman a materia coñecida, son moi pequenos, pero para
comprender de que tamaño estamos a falar é mellor poñer un exemplo: se collésemos
átomos de carbono, por exemplo, e os puxésemos en fila para ocupar todo o
extremo da unlla do teu dedo índice (supoñemos 1 cm), necesitaríamos uns 130
millóns de átomos. O átomo máis pequeno é o de helio; o máis grande, o de
cesio.
Átomo de carbono
Mundos remotos
O planeta anano Plutón é un mundo xeado moi alonxado do Sol, que tardou en ser descuberto pola dificultade que supón velo desde a Terra (ata 1930 non se soubo que existía). Ata o momento sábese que Plutón ten cinco lúas, a maior delas Caronte. Inicialmente considerado un planeta, a medida que se atopaban novos corpos preto del (nunha zona chamada Cinto de Kuiper) xurdíu o dilema de ir engadindo planetas ó sistema Solar ou considerar este tipo de corpos como planetas ananos. Finalmente, en 2006, os astrónomos decantáronse pola segunda opción.

Ningún comentario:
Publicar un comentario