13 de abril de 2025
Descargas 3º e 4º
10 de abril de 2025
Concurso de Matemáticas Arquimedianos21 (9ª edición)
Gústanche os retos matemáticos? Se a resposta é si, aquí tes unha oportunidade para lucirte.
- Poderá participar calquera alumno/a de 4º ESO, só ou en grupo.
- Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
- Os retos publicaranse no blog cada fin de semana a partir do 20 de abril.
- A solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por escrito ao profesor o venres da correspondente semana. A puntuación de cada reto será de 0 a 100 puntos. A puntuación mínima por participar será de 15 puntos por exercicio presentado.
- O profesor resolverá o problema na semana seguinte á súa proposta.
- O gañador/a será o que teña maior puntuación en cada clase, cun mínimo de 150 puntos. En caso de empate, repartirase o premio.
11 de marzo de 2025
E ti, de que grupo es?
Aquí tedes ao alumnado de 4º ESO averiguando, no laboratorio, o seu grupo sanguíneo: A, B, AB ou 0 e Rh+ ou Rh-. O uso dos reactivos anti-A, anti-B e anti-D, mesturados cunha pinga de sangue, permitiu determinar o grupo 0+ no sangue dunha alumna, tal e como se ve na imaxe, na que só aglutinan os glóbulos vermellos co anticorpo anti-D, que é o que determina o factor Rh.
15 de febreiro de 2025
Decargas 3º e 4º
- BX 4º ESO: A evolución das especies
- BX 3º ESO: Os sistemas nervioso e endócrino
- FQ 4º ESO: Dinámica 1, Dinámica 2, Gravitación
- Mat. 4º ESO: Funcións reais de variable real
26 de xaneiro de 2025
Descarga 4º
Física e química: Exercicios de Cinemática
4 de xaneiro de 2025
Descargas 3º e 4º
- Bioloxía e xeoloxía 3º: Anatomía do corazón
- Física e química 4º: Tema introdutorio
3 de decembro de 2024
ADN da saliva
Aquí tedes ao alumnado de 4º ESO tentando obter ADN da saliva no laboratorio do colexio. Saerá ou non saerá?
A que algúns parece que posan para a foto en vez de traballar? Pois non, están traballando arreo.😉
Ao final, un 50% obtivo eses fíos brancos que delatan ao ADN. Xa poden facer un clon seu.










