16 de abril de 2022

Concurso Arquimedianos21- Problema 3

 3º e 4º ESO

A lonxitude do Ecuador é, aproximadamente, de 40 000 km. Supoñamos que rodeamos a Terra cunha banda (de cor vermella, na imaxe) a 3 metros de altura sobre todo o Ecuador. Cal sería a lonxitude desta banda? (Os problemas 2 e 3 recolleranse o 22 de abril.)

                                       Imaxe orixinal: klipartz

Que a Terra está ao revés? Non, por que?

9 de abril de 2022

Concurso Arquimedianos21 - Problema 2

3º ESO

Un deportista xogou tres torneos e conseguiu, en total, 12 puntos. Se en cada torneo gañou máis puntos que no anterior e, ademais, no último conseguiu menos puntos que nos dous anteriores xuntos, cantos puntos obtivo en cada un? 

                                    

4º ESO

Os dous botes cilíndricos teñen o mesmo volume, pero o vermello ten un 30% máis de radio que o azul. Canto % máis de altura ten o azul que o vermello?

                                   

2 de abril de 2022

Concurso Arquimedianos21 - Problema 1

 3º ESO

Canto mide a corda vermella enrolada na hipotenusa do triángulo rectángulo isósocele? (Está feita de semicircunferencias.)

 

 4º ESO

A figura verde, formada por cadradiños, ten a mesma área que perímetro. Cal é a súa área?


 

27 de marzo de 2022

Concurso Arquimedianos21 (6ª edición)

Gústanche os retos? E as matemáticas? Se a resposta é si ás dúas preguntas, aquí tes unha oportunidade para lucirte.
                                                                                                        
         CONCURSO ARQUIMEDIANOS21 (6ª edición)                  
Normas:
  •  Poderá participar calquera alumno/a de 3º ou 4º ESO.
  • Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
  • Os retos publicaranse no blog cada fin de semana a partir do 2 de abril.
  • A solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por escrito ao profesor o venres da correspondente semana. A puntuación de cada reto será de 0 a 100 puntos.
  • O profesor resolverá o problema na semana seguinte á súa proposta.
  • O gañador/a será o que teña maior puntuación, cun mínimo de 150 puntos. En caso de empate, repartirase o premio.
                              PREMIO PARA O GAÑADOR/A!!

 

19 de febreiro de 2022

Descargas 3º / 4º