2 de decembro de 2025

Saliva con premio

Aquí tedes a parte do alumnado de 4º ESO despois de tentar obter ADN da saliva no laboratorio do colexio.  Moito traballo para conseguir unhas pequenas febras brancas no medio dun líquido acuoso. Pero aí estaba: a base da vida na Terra.


11 de novembro de 2025

Bebe o zume que lle van as vitaminas

O alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a unha charla da tecnóloga dos alimentos Eva Covelo sobre a importancia do que comemos. O azucre, os mitos da alimentación ou como entender unha etiqueta foron algúns dos temas tratados. Xa, despois, nós decidimos, pero primeiro cómpre estar informados, non si?

8 de novembro de 2025

Morre James Watson

Morre J. Watson, un dos descubridores, en 1953, da estrutura de dobre hélice do ADN. Este descubrimento, un fito na Bioloxía, foi publicado na revista Nature en abril dese ano e valeulle o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1962, xunto con F. Crick e M. Wilkins. As imaxes de difracción de raios X tomadas por Rosalind Franklin (xa falecida no ano de entrega do premio) foron fundamentais para este descubrimento, aínda que no seu momento a valía da investigadora non foi recoñecida.

30 de outubro de 2025

O electrón estaba aí

O alumnado de 3º ESO observa un feixe de raios catódicos nunha recreación sinxela, no laboratorio, do experimento de Thomson (1897) que o levou ao descubrimento da primeira partícula elemental: o electrón. A desviación do feixe cara abaixo débese a que é unha partícula con carga negativa e interactúa co imán que atopa no seu camiño.

7 de setembro de 2025

Decargas 3º e 4º

 BENVIDOS AO CURSO 2025-26

17 de maio de 2025

Xa temos gañadora do concurso!

A gañadora da 9ª edición do concurso de Matemáticas Arquimedianos21 é: 

 I. M. L., con 295 puntos

 Parabéns e desfruta o premio.  

10 de maio de 2025

Concurso Arquimedianos21 - Problema 4 (e último)

PROBLEMA 4 (e último)

Polo exterior dun triángulo equilátero como o da imaxe desprazamos, xirando, unha moeda de 1 cm de radio cun buraco no centro e imos pintanto, cun rotulador vermello coa punta nese buraco, a figura que rodea ao triángulo. Cal será a área do interior desa figura?

                                     
                           

3 de maio de 2025

Concurso Arquimedianos21 - Problema 3

PROBLEMA 3

Calcular canto vale o número natural "n" se n+1045 é un cadrado perfecto e n+1118 é o cadrado perfecto do número consecutivo.

26 de abril de 2025

Concurso Arquimedianos21 - Problema 2

PROBLEMA 2

Canto vale a área da zona marcada en verde no triángulo equilátero da figura se cada anaco de circunferencia se traza co compás no vértice do triángulo e pasa polo punto medio dos lados?

                             

19 de abril de 2025

10 de abril de 2025

Concurso de Matemáticas Arquimedianos21 (9ª edición)

 Gústanche os retos matemáticos? Se a resposta é si, aquí tes unha oportunidade para lucirte.

                                                                                                        
         CONCURSO ARQUIMEDIANOS21 (9ª edición)                  
 Normas:
  •  Poderá participar calquera alumno/a de  4º ESO, só ou en grupo.
  • Os alumnos/as que queiran participar deberán resolver 4 retos matemáticos.
  • Os retos publicaranse no blog cada fin de semana a partir do 20 de abril.
  • A solución de cada reto, razoada e calculada, deberá entregarse por escrito ao profesor o venres da correspondente semana. A puntuación de cada reto será de 0 a 100 puntos. A puntuación mínima por participar será de 15 puntos por exercicio presentado.
  • O profesor resolverá o problema na semana seguinte á súa proposta.
  • O gañador/a será o que teña maior puntuación en cada clase, cun mínimo de 150 puntos. En caso de empate, repartirase o premio.
                                          PREMIO PARA O GAÑADOR/A

11 de marzo de 2025

E ti, de que grupo es?

Aquí tedes ao alumnado de 4º ESO averiguando, no laboratorio, o seu grupo sanguíneo: A, B,  AB ou 0 e Rh+ ou Rh-. O uso dos reactivos anti-A, anti-B e anti-D, mesturados cunha pinga de sangue, permitiu determinar o grupo 0+ no sangue dunha alumna, tal e como se ve na imaxe, na que só aglutinan os glóbulos vermellos co anticorpo anti-D, que é o que determina o factor Rh. 

       

4 de xaneiro de 2025